Saltar ao contido

Centro Gallego de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro Gallego de México
O Centro Galego de México, na rúa de Colima 124, na Cidade de México.
Tipoasociación
Data de fundación1975
SedeCidade de México
PaísMéxico
19°25′10″N 99°09′40″O / 19.419565481736, -99.160974583056
Na rede
http://www.centrogallegodemexico.org/
editar datos en Wikidata ]

O Centro Gallego de México é unha organización de inmigrantes galegos fundada en 1975 na Cidade de México. Existe maior número de galegos noutras nacións americanas como a Arxentina, Cuba, o Uruguai, Venezuela ou o Brasil, mais os galegos tiveron unha destacada presenza en México, e en particular no centro do país.[1]

As oficinas da asociación encóntranse na rúa de Colima 194, Colonia Roma, da Cidade de México. Promove a difusión da cultura galega, a cultura mexicana e publica unha gaceta ou revista mensual chamada Anduriña.

O centro galego de México é unha asociación civil sen fins de lucro co fin de dar sitio de reunión aos inmigrantes e descendentes de inmigrantes galegos en México.[2]

Na actualidade o Centro Gallego de México ten unha segunda sede en Iztapalapa, onde se realizan diversas actividades deportivas e culturais como os torneos de voleibol, baloncesto, ou a romaría de San Martiño.

O himno galego, publicado en 1944 en Cidade de México.

O 24 de setembro de 1911, un grupo de inmigrantes galegos reuniuse coa idea de crear unha agrupación coral para lembrar á súa terra, inicialmente alugaron un local na rúa 5 de Febrero e constituíron o Orfeón Galego de México.[3] Nos seguintes anos a organización cambiou de sede en dúas ocasións e o seu nome transformouse a casa de Galicia. Seguiu en funcionamento ata 1936, ano en que iniciou a guerra civil española e no que a asociación pechou as súas portas e non volveu abrilas ata 1939, cando a guerra chegou ao seu fin. A reapertura tivo lugar nunha nova localización na rúa 16 de Septiembre e o nome foi cambiado novamente, esta vez a Unión Cultural Galega.[4]

A asociación cambia outra vez de sede e é renomeada a Centro Galego de México, A.C. en 1948.[3] Finalmente, en 1951 compraron unha residencia situada en Colima 194 da Colonia Roma,[4] trátase dun casarón estilo francés que data de 1940,[5] onde se estableceron definitivamente. Comezaron a publicar mensualmente a revista Anduriña en 1957, dedicada a apuntar e promover as actividades comunitarias. En 1980, adquiriron un terreo ao sur da cidade coa finalidade de establecer un club deportivo, que se viu concretado entre a década de 1980 e a de 1990.[4] Este atópase situado na colonia Jardines de San Lorenzo na delegación Iztapalapa.[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. [1]
  2. El presidente del Centro Gallego de México presenta a Miranda los nuevos proyectos de esta comunidad. Consultado o 30 de novembro de 2016. (en castelán)
  3. 3,0 3,1 "El Centro Gallego de México cumple cien años con Núñez Feijóo como testigo". Finanzas.com. 25 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Historia Centro Gallego de México". Centro Gallego de México, A.C. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  5. "Caminar por la Roma". Romacondesa.com.mx. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  6. "Deportivo". Centro Gallego de México AC. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]